Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

4.5.17

Libros para infantil


Aquí algunhas novidades  máis, neste caso para infantil.
















Libros para primaria

Mostrámosvos algunhas novidades que esperamos as disfrutedes.


















28.4.17

Jesús Trashorras





Se a irrupción dun novo título no panorama cultural é, polo xeral, unha boa nova, neste caso a ledicia é dobre posto que  o autor do poemario O silencio do orballo é un compañeiro que compartiu con moitos de nós un curso neste centro.
Jesús Trashorras veunos visitar o día 21 de abril para presentarnos o seu libro, o  primeiro  que publica (ten realizado colaboracións en obras colectivas).
Comezou por animar ao alumnado á lectura, incidindo nas posibilidades que esta nos ofrece  de mergullarnos en mundos  aos que doutro xeito nos sería difícil acceder. Posteriormente compartiu con nós como foi o proceso de creación, a razón da súa estrutura, as temáticas principais… O noso alumnado recitou algún  dos seus  poemas e el  explicounos o que desexaba transmitir cando os escribiu, se ben tamén deixou claro que unha vez que a obra sae das mans do seu autor o lector fai seu o texto e toda interpretación é válida.
 Desexamos que o percorrido poético iniciado teña continuidade, lle aporte moitas satisfaccións  e que en breve volvamos contar coa súa presenza.




Dous poemas dos que o alumnado recitou:








24.4.17

Obradoiro e contada de Raquel Queizás




                O venres, día 7 de abril, tivemos unha visita de luxo. A actriz, contacontos e titiriteira Raquel Queizás viaxou ata as nosas terras para ofrecer ao alumnado da Eso un obradoiro de iniciación na arte de contar contos. Despois de crear un clima distendido e propicio para a desinhibición, mostrounos unha chea de técnicas e recursos para dar vida aos personaxes das historias, ensaiando distintas tipoloxías mediante a expresión oral e corporal. Ao final desta sesión o alumnado converteuse no verdadeiro  protagonista, deixándonos ver nalgún caso que, con traballo, poderán chegar a ser grandes contacontos.










Na segunda sesión o alumnado da Eso deixou o escenario para se converter en público e observar todo o aprendido na hipnótica actuación de Raquel diante do alumnado de Infantil. Ofreceu contos tirados das lendas, centrándose nos seres mitolóxicos da tradición galega, concretamente, trasnos e meigas.
E agora, o reto: o alumnado da Eso terá que se preparar para facer unhas contadas aos cursos de infantil nunha sesión no mes de xuño, día aínda por determinar. Ánimo a tod@s!
Agradecementos a Raquel por esta xornada, e recordemos o seu consello para lograr namorar cos contos: moita preparación e sentir o pracer pola transmisión oral.



19.4.17

Novos libros de animais


Presentámosvos as últimas adquisicións; uns preciosos libros que ilustran cantidade de animais e que axudarán ao alumnado de 1º de Primaria para facer o seu proxecto.









Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas