Un curso máis botamos a andar o noso Club de Lectura. E como sempre
énchenos de ledicia ver que algúns de nosos rapaces e rapazas “reinciden” nesta aventura. Tamén lle damos a
benvida a aqueles que recibimos a bordo por primeira vez.
E nunca mellor dito, porque coa primeira lectura cruzaremos o Atlántico da
man dunha adolescente. No libro As
confesións de Carlota Doyle, do escritor estadounidense Avi, nárrase como unha
rapaza da boa sociedade americana ten que realizar unha longa viaxe dende Inglaterra a EEUU na compaña da
tripulación do Seahawk, un barco enigmático dirixido polo capitán Jaggery. Como
non pode ser doutro xeito, a persoa que arriba a porto nunca poderá volver a
ser a mesma do inicio da historia.
Así que, xa mergullados na lectura, esperamos que a nosa
travesía conte cos ventos máis propicios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario